RGPD - Cookies
Galicia

Alertan do uso «machista» de WhatsApp por parte dos adolescentes galegos

WhatsAppQuen advirte delo é o valedor do Pobo quen, este venres no Parlamento de Galicia, alertou do «uso machista» do WhatsApp por parte dos adolescentes galegos, que o utilizan como forma de «control» das súas parellas, e incidiu na necesidade de concienciar os mozos sobre a axeitada utilización das tecnoloxías dixitais e a «igualdade».

Na comisión de peticións do Parlamento, José Julio Fernández considerou «sorprendente» que esta aplicación se empregue en Galicia «nun nivel inadmisible para ser un instrumento de violencia machista».

Fernández subliñou que WhatsAPP “utilízase para controlar á moza, que leva posto, onde está, isto é inaudito e nos preocupa», manifestou o Valedor antes de destacar que a súa oficina «leva a cabo, entre as súas actuacións de oficio, investigacións sobre os malos hábitos dos adolescentes no uso das tecnoloxías dixitais».

Así mesmo, incidiu na necesidade de concienciar en «igualdade» de xéneros e contra a violencia machista. «Só serei unha sociedade avanzada se desaparece a discriminación cara á muller», asegurou antes de destacar que, con este obxectivo, o Valedor «traballa en campañas coa adolescencia».

También te puede interesar