Vigo al minuto

O Plan de Tráfico para Colexios empeza a funcionar, como experiencia piloto, este luns, día 1 de xuño

AlcaldeO Concello empezou a informar a país e nais de alumnos do novo Plan de Tráfico para Colexios dentro do cal, como adiantou o alcalde, se reservarán, de media dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. O 1 de xuño comeza de xeito experimental en 4 centros e noutros 9 arrancará o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.

Abel Caballero salientou que este luns empeza o plan piloto no colexio Maristas (con reserva de estacionamentos en Venezuela entre as 08:15 e as 09:15h e de 13:30 a 14:30 horas), na Compañía de María – Enseñanza (con zona acotada para aparcamento em Colmeiro Laforet de 08:30 a 09:30h), no Escultor Acuña (con estacionamento reservado de 08:30 a 09:15h e de 13:30 a 14:15h, na rúa Estrada) e no Lope de Vega (con estacionamento propio de 08:30 a 09:15h).

O luns seguinte, 8 de xuño, arranca este plan piloto noutros nove centros: María Auxiliadora – Salesianos, García Barbón, Vicente Risco, Amor de Dios, Illas Cíes, Doutor Fleming – Villa Laura, María Inmaculada – Carmelitas, San Miguel Nebrija – O Castro e Padre Míguez – Las Calasancias.

Instalarase un sinal de tráfico que prohibirá estacionar nos horarios delimitados, salvo para deixar e, eventualmente, recoller ao alumnado dos citados centros, explicou o alcalde, quen avanzou que haberá efectivos de Policía Local para ordenar o funcionamento do plan.

Caballero reiterou que o plan da comezo en xuño de xeito inicial, con vocación de aprender da experiencia para implantalo nos 80 colexios da cidade a partires do próximo curso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.