Vigo al minuto

Os concelleiros da Marea farán públicos os seus bens cada 6 meses e pedirán que se coñezan todos os expedientes do Concello

Marga López, Xosé Lois  Jácome e Rubén Pérez, novos concelleiros da Marea no Concello/Tresyuno Comunicación
Marga López, Xosé Lois Jácome e Rubén Pérez, novos concelleiros da Marea no Concello/Tresyuno Comunicación

Os tres concelleiros electos da Marea de Vigo, farán pública a unha declaración dos seus bens e ingresos, “e faremos unha actualización cada 6 meses para que os veciños poidan ver que a súa situación ao chegar ao Concello será a mesma que cando deixen os seus postos.

Rubén Pérez, candidato á Alcaldía, salientou que A Marea ten a intención de que este obxectivo de transparencia sea xeral en todo o Concello, polo cal unha das súas primeiras acción será facer públicos os expedientes de contratos e concesións, ademais explicar aos cidadáns cómo funciona o orzamento local e pedir a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións nas empresas municipais.

Pérez, Xosé Lois Jácome e Marga López, que tomarán posesión o vindeiro 13 de xuño, calificaron como positivos os resultados da Marea nas Eleccións Locais do pasado domingo, ainda que, salientaron, “teremos dificultades” para exercer a laboura de oposición diante da tremenda maioría do alcalde.

«Non pedimos a Caballero que sexa xeneroso con nós, pedímoslle que aplique a lei escrupulosamente”, dixo Rubén Pérez, quen adiantou que o traballo de oposición terá dous eidos: dentro do Concello e fora del, porque “en democracia, cando dentro das institucións hai comportamentos que non contrarios á función desa institución, existe a obriga de movilizarse”.

Os novos concelleiros calificaron de “triste” que o BNG non entrase na Corporación xa que, subliñaron, era un “socio estratéxico” na laboura de oposición, e repetiron que a súa intención é ser leais ao seu programa, “que non o temos de adorno”, que estará presente en toda a súa “acción diaria” dentro da Corporación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.