Galicia

Un morto e 86 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

descargaO 061 atendeu a 86 persoas debido a 67 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega. A Central de Coordinación recibiu, entre as 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto de onte, 80 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado e o domingo, con 26 incidentes en ambos os dous casos.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 90. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a sete sinistros; as asistenciais realizaron 67 saídas e as convencionais, nove; mentres que o helicóptero medicalizado asistiu dúas persoas e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco ocasións.

En 80 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en cinco casos recibiron asistencia no lugar do sinistro sen necesitar traslado e unha persoa morreu no punto do accidente.

Pontevedra, con 28 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis incidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 21; Ourense, con 13; e Lugo, con cinco.

También te puede interesar