Vigo al día

O BNG permitirá que Silva sexa presidenta da Deputación

??????????????????????
??????????????????????

O actual voceiro do BNG na Deputación de Pontevedra da por feito o cambio de dirección na Deputación de Pontevedra xa que “sería unha oportunidade para que a situazciòn fucione de xeito máis claro”.

César Mosquera adiantou, sen nomeala, que o Bloque dará o seu apoio á candidata socialista a presidir a institución provincial, Carmela Silva, tenente de alcalde en funcións de Vigo e deputada socialista pola provincia no Congreso dos Deputados.

Mosquera subliñou este luns que, con este acordo co PSOE, a deputación funcionará de xeito “máis transparente”, polo cal sería “moi raro que non aproveitase esta situación”, ainda que acrarou que “non son eu quen ten que tomar esta decisión”.

O voceiro nacionalista rexeitou falar en concreto de Carmela Silva, “o de entrar en candidatos e sodokus non me vai, non a coñezo, descoñezo os seus intereses, o seu programa e o coñecemento que ten da Deputación”.

O BNG entende que calquera negociación dependerá dos programas e “non será unha guerra de persoas” e engadiu que agarda que o enfrentamento entre a Deputación e o Concello de Vigo, “non deixe secuelas que impidan o funcionamento” do ente provincial.

También te puede interesar