Galicia

A participación baixa nas catro provincias e nas sete grandes cidades galegas

A participación baixa en toda Galicia/Tresyuno Comunicación
A participación baixa en toda Galicia/Tresyuno Comunicación

A participación en Galicia situábase, al 2 da tarde, nun 33,28%  1,61 puntos menos que nas Eleccións Municipais de 2011, cando a esta mesma hora se situaba nun 34,89%.  Así o detalla o primeiro avance de participación que podes seguir prendo aquí, en tempo real, en vigoalminuto

A participación baixa nas catro provincias galegas; en A Coruña situouse nun 31,89%, fronte 33,15% de 2011; en Lugo nun 33,91%, por debaixo do 36,05% rexistrado nos pasados comicios, en Pontevedra, un 33,43%, fronte ao 35,05% de 2011 e, por último, en Ourense, tamén baixou chegando ao 36,8% (en 2011 situouse nun 39,17%).

Ademais, os datos do Ministerio do Interior tamén sinalan que a participación descende nas sete cidades galegas. Así, na Coruña é do 32,62%, en Ferrol do 31,24%, en Santiago sitúase en 30,18%, en Lugo en 29,94%, en Ourense en 32,62%, en Pontevedra en 32,59%, e, en Vigo nun 32,26%.

También te puede interesar