Vigo al minuto

A oposición no Parlamento de Galicia pide ao Goberno que concrete as datas de traslado ao novo hospital de Vigo

Nuevo-hospitalA oposición no Parlamento de Galicia secundou, en conxunto, unha  proposición non de lei presentada polo BNG na que se reclamaba ao Goberno galego información sobre os criterios e o calendario do traslado de persoal e servizos ao novo Hospital de Vigo.

A deputada do BNG Montse Prado advertiu de que a «alarma» en torno ao novo hospital vigués «non fai máis que elevarse», xa que os profesionais e os cidadáns descoñecen os prazos e o modo en que se trasladarán os servizos a estas novas instalacións.

Por iso, pediu ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que «dea explicacións e un cronograma claro de cual vai ser a implantación» de servizos neste centro e asegurou encontrarse «estupefacta» por carecer desta información a pouco máis dun mes do inicio do devandito traslado, segundo anunciou o presidente Feijóo.

«Preocúpanos porque non está garantida esa continuidade asistencial», apuntou a deputada do BNG, ao tempo que criticou a falta de información cara aos cidadáns e os propios profesionais sanitarios e reclamou coñecer a dotación de servizos e cadro de persoal que terá o Álvaro Cunqueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.