O director da TVG di que Feijóo sae máis porque “gobernar da un plus de presenza, como pasa con Obama, Tsipras ou Cameron”

Feijóo2Sin disimulo. O director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) xustificou, non nun bar ou falando cuns amigos, senon no Parlamento de Galicia, que o presidente do oberno galego teña máis tempo de pantalla na Televisión de Galicia porque “gobernar da un plus de presenza” e que o mesmo pasa, “goberne quen goberne” e comparou ao presidente Feijóo con “Obama, Tsipras ou Cameron”.

Na comisión parlamentaria de televisión, unha deputada socialista denunciou o “trato desproporcionado” e “a manipulación”da TVG en período preelectoral” e Alfonso Sánchez subliñou que os principios fundamentais do ente que dirixe axústanse a criterios de “pluralidade e interés informativo”.

Como dato “obxectivo”, tamén sen poñerse colorado, Sánchez engadiu que, dende o 1 de marzo ao 15 de abril, a presenza de Feijóo nos informativos da TVG foi de 1 hora e 24 minutos e do “conxunto dos partidos da oposición”– PSdG-PSOE, AGE e BNG- chegou a 1 hora e 13 minutos, “pódese discrepar, pero ese é o criterio obxectivo”, dixo o director xeral, antes de lembrar que Alberto Núñez Feijóo, ademáis de líder do PP é tamén presidente do Goberno de Galicia.

Ademáis diso, Alfonso Sánchez defendeu que na TVG “recolléronse os puntos de vista de todos” sobre o caos nas Urxencias nos hospitais galegos, no conflicto da hemodinámica en Lugo, o debate sobre a continuidade de Ence, para engadir, de seguido, que o medio público ten a “obriga de ter en conta a representación no Parlamento de Galicia,e o PP ten maioría absoluta”.

También te puede interesar