Galicia

O Cerco empeza a sair á mar cun tope de capturas de 2.000 quilos por barco máis 600 por tripulante

CercoTodo o sector do cerco galego, que abrangue a máis de 150 embarcacións, aplicará dende este luns 18 de maio un tope diario de captura de 2.000 quilos de xurelo por embarcación máis 600 quilos por tripulante.

Deste xeito, comézase a exercer dende hoxe o acordo ao que chegou todo o sector esta pasada semana nunha reunión en Compostela co obxectivo de facer que a cota dure máis e chegue até o mes de outubro -despois de que a campaña do ano pasado só fose até xullo-.

Con estes topes diarios haberá un cómputo semanal, de tal forma que se alguén non pode saír a faenar durante algún dos catro días que ten permiso -de luns a xoves- o resto dos días poderá coller o que lle corresponde por esas xornadas que non capturou xurelo.

No marco de este acordo, haberá unha parada biolóxica entre decembro e marzo – veda para rexeneración da especie – a cal non estará subvencionada.

También te puede interesar