RGPD - Cookies
Galicia

Mariñeiros galegos que estiveron embarcados en barcos noruegueses, esixen unha pensión a aquel país polos anos que cotizaron

Long HopeMariñeiros galegos que traballaron durante anos en buques noruegueses, e que non reciben prestación social algunha logo de pagar os seus impostos neste país, manifestáronse polas rúas de Compostela para esixir o Goberno que demande a Noruega ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo.

Os mariñeiros denuncian que o país escandinavo «violou a acta europea de dereitos humanos durante 40 anos” ao respecto de este colectivo, que abrangue a 8.000 galegos.

Os mariñeiros, agrupados na asociación Long Hope, pediron con pancartas ao boicot a todos os produtos noruegueses en España «ata que devolva os dereitos sociais aos milleiros de mariñeiros que traballaron na súa flota 40 anos» e  cantando e berrando distintos  lemas, pediron ao presidente do Goberno de Galicia que, «axude á súa xente».

Os afectados son os mariñeiros que traballaron en Noruega con anterioridade a 1994, ano no que o Estado español e o país nórdico asinaron un convenio para regularizar a situación dos traballadores españois. Pero este acordo non se fixo con carácter retroactivo, polo que aqueles os que estiveron embarcados antes do 94 quedaron sen percibir as prestacións.

A plataforma reclama que se lles devolvan «os impostos actualizados ou unha compensación acorde coa situación», unha cantidade que estiman ascendería a 520 millóns de euros, e aseguran que o único que esixen é «o diñeiro que eles pagaron con creces».

También te puede interesar