RGPD - Cookies
Galicia

Milleiros de personas esixen en Ferrol carga de traballo para o Naval

Traballadores-de-Navantia1Máis de 5.000 persoas manifestáronse este domingo ao mediodía polas rúas de Ferrol secundando o chamamento realizado polos comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol, ademais dos delegados da industria auxiliar, para esixir carga de traballo para o sector naval, a construción dun dique flotante e que se respecten os acordos laborais da industria auxiliar.

A marcha, que transcorreu sen incidentes, partiu da Praza do Inferniño para finalizar na Praza de Armas tras percorrer varias das rúas do barrio da  Madalena, lugar no que se deu lectura a un manifesto, a cargo da actriz Isabel Risco.

Os comités de empresa dos dous estaleiros públicos denunciaron  «a utilización demagóxica para calmar á cidadanía cando chegan as citas electorais», incidindo na necesidade de dotar ambos os dous estaleiros da ría de Ferrol de carga de traballo, para «apuntalar a Navantia e tamén a esta bisbarra»; tamém consideraron «moi significativo que, en época electoral», os traballadores conten co apoio de «tódalas formacións políticas», en alusión á aprobación nos plenos de toda a bisbarra de mocións presentadas polos representantes dos traballadores. «Aínda que este apoio, despois, nunca se concrete».

También te puede interesar