Cultura

‘A Esmorga’, de estrea, este venres, en todo o Estado

Os protagonistas do filme, Miguel de Lira, Karra Elejañde e o vigués Antonio Durán 'Morris', nun fotograma da cinta
Os protagonistas do filme, Miguel de Lira, Karra Elejañde e o vigués Antonio Durán ‘Morris’, nun fotograma da cinta

A película ‘A Esmorga’, na que participan Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG, estrearase este venres nas salas de cinema en Madrid, Cataluña, Euskadi, Pamplona e Palma de Mallorca.

Nun comunicado, a productora subliña que, “tras o éxito” alcanzado nos cines galegos, producirase a estrea a nivel estatal “precedido dunha ambiciosa campaña publicitaria e unha intensa campaña de promoción”, indica en alusión tanto ao director, Ignacio Vilar, como os tres protagonistas, os actores Karra Elejalde, Miguel de Lira e o vigués Antonio Durán ‘Morris’.

A campaña de promoción coincidiu co lanzamento da edición en castelán da novela, na colección Mar Maior de la Editorial Galaxia, por parte de Pilar Sampil e Manuel Rivas en Madrid, e de Francisco Castro, da editorial, en Barcelona.

También te puede interesar