Galicia

O imputado Vázquez cuestiona ao secretario xeral dos socialistas de Galicia, logo de ter que deixar de ser deputado

O imputado, Pachi Vázaquez, ex alcalde de O Carballiño, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia, ex conselleiro de Medio ambiente e ex deputado do Parlamento de Galicia
O imputado, Pachi Vázaquez, ex alcalde de O Carballiño, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia, ex conselleiro de Medio ambiente e ex deputado do Parlamento de Galicia

O ex secretario xeral do PSdG-PSOE, ex conselleiro, ex deputado do Parlamento de Galicia, e ex alcalde de O Carballiño, imputado por un suposto delito de prevaricación, atreveuse a cuestionar, a dúas semanas das Eleccións Municipais, ao actual líder dos socialistas galegos. Nunha entrevista concedida a un xornal galego, Pachi Vázquez indicou que “xa se verá” si Besteiro é candidato á Presidencia da Xunta nas Eleccións Autonómicas do ano que ven.

Vázquez, que está acusado ter enchufado, presuntamente, a 37 persoas para traballar no Concello de O Carballiño cando era o alcalde, posto que ocupou entre 1995 y 2005, tivo que deixar a súa acta de deputado en cumprimento da norma do PSdG, que o líder dos socialistas xa anunciara que é de obrigado cumprimento, logo da súa imputación, unha medida que fará que perda a súa condición de militante se ten que sentarse no banco dos acusados.

Polo que atingue ao delito que se lle imputa, hai dúas semanas, o fiscal superior de Galicia, en declaracións aos xornalistas, subliñou que a Fiscalía ve “indicios racionais de criminalidade” nas actuacións de contratación de Vázquez cando este ocupaba a Alcaldía do concello ourensán.

También te puede interesar