Vigo al día

Cans, toma 12…¡acción!

portada_festival_de_cansA XII edición do Festival de Cans proxectará 19 curtametraxes e 20 videoclips, en concurso, aos que se engadirán unha programación complementaria, entre os días 20 e 23 de maio, na parroquia do Porriño. Entre elas haberá actuacións musicais, presentación de proxectos, programación para o público infantil, novas seccións e os tradicionais Premio Pedigrí e Chimpín de Prata.

Entre os convidados nesta edición destaca a presenza do actor ferrolano Javier Gutiérrez, que recibirá o premio ‘Pedigree 2015’ pola súa traxectoria e apoio ao audiovisual galego. Tamén serán recoñecidos o director Alfonso Zarauza e o veciño de Cans, Juan Maceira, con senllos ‘Chimpins de Prata’.

As persoais salas de proxeción serán escenario de estreas e pases especiais de películas, como ‘A cambio de nada’ de Daniel Guzmán; ‘Meigallos’ de Virginia Curiá; ou ‘Torre de Breoghán’, de Jorge coira; ou as primeiras imaxes de ‘Rei Xitano’ de Juanma Bajo Ulloa. A estes filmes súmanse traballos de novos autores, e presentación de futuros proxectos.

A música volverá ter un espazo importante e achegaranse a Cans, Sidonie, Sés, Def con daba vos, Luar Na Lubre, Quempallou ou Davide Salvado, entre outros artistas.

También te puede interesar