Comarcas

18 titulados, bolseiros da Deputación de Pontevedra, empezaron este luns un ano de traballo en Confradías de Pescadores

TraballandoLogo do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia e a conselleira de Medio Rural e do Mar, 18 bolseiros do ente provincial teñen, dende este luns, 4 de maio, a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia: trátase de 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non conseguiron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos do citado Plan que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional.

No convenio, como indicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, saliéntase que os 18 bolseiros desenvolverán, durante un ano, diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Garda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.

También te puede interesar