Vigo al minuto

As Cíes acollerán, o día 9, o ‘Xeolodía’, unha actividade científica para dar a coñecer a xeoloxía aos cidadáns

CíesO arquipélago das Cíes acollerá o vindeiro día 9 o ‘Xeolodía’, unha iniciativa que pretende achegar á sociedade tanto a xeoloxía como a profesión de xeólogo. Trátase dunha actividade gratuíta denominada ‘xeolodía’ que consiste nunha excursión de campo guiada por xeólogos aberta a todo tipo de público. Realizaranse en lugares interesantes pola súa contorna xeolóxica e proporciónase unha información rigorosa a nivel divulgativo.

Durante a excursión os participantes poderán ver o territorio con ollos xeolóxicos e coñecer algúns aspectos de como funciona a Terra sobre a que vivimos e de cuxos recursos naturais dependemos totalmente. É tamén unha maneira de sensibilizar á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico. A nivel estatal, os xeolodías están organizados pola Sociedade Xeolóxica de España.

Na provincia de Pontevedra os organizadores do xeolodía son Irene Alejo e José Bienvenido Diez Ferrer, profesores titulares do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Para participar no xeolodía, que terá lugar o día 9 de maio, é preciso inscribirse previamente entre os días 4 e 7 de maio no teléfono 986813482 (de 10 a 14 horas) ou a través da web www.oceanografosgalicia.org.

En Galicia ademais da excursión ás illas do parque nacional baixo o lema “Illas Cíes: un tesouro xeolóxico por descubrir”, celebraranse actividades nas outras tres provincias. Na Coruña terá lugar no concello de Valdoviño, baixo o lema de “Descubrindo os tesouros da costa de Valdoviño” ; na provincia de Lugo a excursión celebrarase no concello de Quiroga, baixo o nome “Percorrido xeolóxico paleontolóxico pola serra do Courel; e por último, na provincia de Ourense, terán lugar a “Ruta xeolóxica polo canón do río Mao”, en Parada do Sil.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.