Galicia

A ‘marea vermella’ obriga a pechar o único polígono de mexilón que quedaba aberto en toda Galicia

BateaO único polígono de bateas que quedaba aberto en toda Galicia foi clausurado este venres en Vilagarcía. A orde do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), tras detectarse presenza de toxina lipofílica, implica que a prohibición de extraer mexillón afecta xa á totalidade de viveiros flotantes das rías galegas.

O de Vilagarcía era o único polígono dos 52 existentes en Galicia que se atopaba operativo despois de que a marea vermella obrigue a pechalos todos nas últimas semanas.

A ‘marea vermella’, como informou a Consellería do Mar, causou un desabastecemento de mexilón galego, tanto nos mercados como nas conserveiras.

También te puede interesar