RGPD - Cookies
Galicia

Traballadores da TVG denuncian da existencia de «presións» para favorecer ao PP de cara ás Eleccións Municipais

Eu non manipulo e tiTraballadores da TVG- a través do blog ‘Eu non manipulo’-, veñen de denunciar, de novo, a «manipulación» dos informativos, a «presión» sobre os traballadores e a intensificación do sesgo nas novas do Telexornal na precampaña para as Eleccións Municipais.

O comité de empresa da TVG, alerta do «agravamento destas prácticas anticonstitucionais, relacionado coa vindeira convocatoria de eleccións», e sinala que hai un «tratamento desigual das diferentes candidaturas políticas, coa promoción das pertencentes ao PP e a ocultación sistemática das conformadas por outros partidos ou coalicións, que, cando aparecen nos informativos, é só en relación con polémicas ou conflitos».

O comité de empresa denuncia que hai «un repunte da inxerencia dos mandos intermedios sobre o traballo dos profesionais, con chamadas e presións constantes para determinar o sentido que deben levar certas informacións e mesmo para censurar a cobertura doutras». Estas prácticas levan tempo sendo denunciadas polos propios xornalistas da canle, pero «a gravidade da situación fai que nestes momentos o comité asuma a responsabilidade de alertar publicamente sobre unha manipulación que considera burda, anticonstitucional e constitutiva de delicto».

También te puede interesar