Vigo al minuto

A Biblioteca Central, pechada dende as 7 da tarde do xoves, ata o luns, día 4 de maio

BibliotecaSegundo informa o Concello nunha nota, por mor dos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Biblioteca Pública Juan Compañel- a popularmente coñecida como Biblioteca Central, que está na rúa Joaquín Yáñez, 6 pechará as súas portas uns días.

Exactamente, dende as 7 da tarde deste xoves, día 30 de abril ata o luns día 4 de maio, no que a  biblioteca xa funcionará con normalidade.

También te puede interesar