Galicia

O galego acusado de comprar un bebé en Colombia, seguirá na cárcere de Bogotá na que leva 9 meses

CaracolA xustiza colombiana volveu denegar o arresto domiciliario a José Mato, o veciño de Carballo detido en xullo de 2014 no aeroporto de El Dorado, en Bogotá, cando intentaba abandonar o país, xunto coa súa muller, e un bebé de cinco semanas.

Por este feito, Mato está no cárcere de Modelo de Bogotá dende o 30 de xullo e enfróntase a unha pena de prisión de entre 30 e 60 anos, acusado dun delito de tráfico de nenos.

Nunha vista celebrada o venres na audiencia de Paloquemao, a xuíza denegou a petición formulada polo avogado de Mato, argumentando que o xuízo “está próximo. A Fiscalía se opuxese a petición ao asegurar que “existe risco de fuga” pola condición de estranxeiro de José Mato e a falta de “arraigamento” no país.

También te puede interesar