Galicia

O defraudador Conde Roa, ex alcalde de Santiago, tamén imputado no ‘Caso Pokemon’, vaise a vivir a Alemaña

Gerardo Conde RoaO ex alcalde de Santiago notificou ao Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, que instrúe a ‘Operación Pokémon’, na que está imputado, que nos vindeiro días vaise a vivir a Alemaña, de onde é a súa muller, coa súa familia.

Conde Roa múdase xa, ainda que ten a intención de voltar a Compostela, da que foi alcalde pouco menos dun ano- de xullo de 2011 a abril de 2012, antes de dimitiu tras ser imputado por fraude fiscal polo impago de 291.000 € a Facenda por un IVA que sí cobrou da venda de 61 pisos a través de Geslander, a empresa inmobiliaria da que era administrador único.

O ex alcalde foi condenado a dous anos de prisión e a unha multa de 582.000 € por este delito, ainda que non foi á cadea, posto que a Audiencia Provincial de A Coruña ratificou rebaixou a pena imposta a 18 meses de prisión.

También te puede interesar