Comarcas

Redondela, capital do cine

Redondela en curtoEste xoves, empeza a XI edición de ‘Redondela en Curto’, unha festa do cinema” que se celebrará os días 23, 24, 25 e 26. Este ano, segundo salientan os organizadores, o certame está “cargado de novidades”: o público poderá participar en varios concursos e sorteos para gañar pases gratuítos ao festival, ademais de gozar das curtametraxes fóra do Salón do Multiusos, pois a organización propón un “visitando de varias pezas cinematográficas nos bares da vila”.

Durante os catro días de duración do festival proxectaranse no Salón do Multiusos da Xunqueira: ‘Con buenas intenciones’, de Virginia Romero; ‘Deber’, do vigués Ángel Manzano; ‘Casitas’, de Javier Marca; ‘0,60 mg’, de Gerard Martí; ‘Cold’, de Iván Martín; ‘Wut’, de Sergi Martí; ‘Los Cárpatos’, de Daniel Remón; ‘Los huesos del frío’, de Enrique Leal; ‘Desintegración’, de Álvaro Martín; ‘Don Miguel’, de Kote Camacho; ‘Mi primer beso’, de Albert Manich; ‘Hyena´s blood’, de Nicolás Caicoya; ‘El vidente’, de Roberto Suárez; ‘En directo’, de Wenceslao Scyzoryk; ‘La ropavejera’, de Nacho Ruipérez, e ‘Safari’, de Gerardo Herrero.

Entre as curtametraxes seleccionadas deste ano, tan só unha é galega, polo que para dar a coñecer o audiovisual galego o festival amosará aos espectadores unha selección das curtametraxes galegas chegadas ao concurso en varios bares, sinalou o director.

Así, unha das principais novidades do evento será a sección ‘Cine Galego’, coa que se pretende dar un impulso ao audiovisual da comunidade galega. Por outra banda, a sección ‘Curtísimas’ busca achegar ao público unha selección dos filmes máis curtos presentados á XI edición do certame.

Un dos momentos máis destacados do festival será a presentación da primeira produción audiovisual de Redondela en Curto, unha longametraxe sobre a vida do restaurador redondelán Ángel Barros: un dos mellores restauradores da súa época e que, durante moitos anos,  traballou no museo do Louvre.

También te puede interesar