RGPD - Cookies
Galicia

O paro subiu en 11.900 persoas en Galicia, ata marzo, e xa hai 94.900 fogares nos que non traballa ninguén

O presidente Feijóo e a súa conselleira de Emprego, Beatriz Mato
O presidente Feijóo e a súa conselleira de Emprego, Beatriz Mato

O paro subiu en 11.900 persoas no primeiro trimestre do ano en Galicia respecto ao trimestre anterior, un 4,5%, ata alcanzar un total de 275.700, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa, difundidos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A misma enquisa sinala que os fogares galegos nos que todos os seus membros activos se atopan no paro aumentaron en 6.500 no primeiro trimestre do ano en Galicia en relación co trimestre anterior, ata un total de 94.900: ata marzo, ste aumento, en Galicia foi do 7,4%, fronte ao 1,5% da media estatal.

Pola súa banda, o número de fogares en que todos os seus membros activos están ocupados baixou en 8.800 respecto ao cuarto trimestre de 2014, ata 517.800.

También te puede interesar