Vigo al minuto

Veciños de Teis paralizan, durante 3 horas, as obras da rúa Alonso Ojeda

Mobilizacion veciñanza rua Alonso Ojeda (2)Un grupo de veciños da rúa Alonso Ojeda, xunto a membros da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, concentrados nesta rúa desde ás 9 da mañá deste luns,  provocaron a paralización das obras que están facéndose na devandita rúa.

Segundo afirman os responsables da asociación, “desde o pasado 27 de marzo, estamos solicitando da Concellería coñecer os o proxecto desta obra e a urxencia de manter unha xuntanza con responsábeis da mesma, debido a falta de información e as queixas da veciñanza polo seu desenvolvemento”.

Logo de case un mes, os veciños decidironnon agardar  máis” polo Concello e mobilizarse para amosar a súa queixa polo xeito no que se están realizando as obras de renovación da rede de saneamento, “debido a que os baixos poder  non ficar conectados á mesma”.

A Asociación Veciñal subliña que a nova rede de saneamento desta rúa non pode supor ningún custe e que  “a veciñanza non está disposta a realizar ningunha obra, nin agora, nin no futuro, nos edificios relacionado coa conexión a rede de saneamento”, ademais queren que as beirarrúas sexan en lousa de granito.

Logo de estar durante tres horas concentrados “e de que aparezan pola obra técnicos do Concello”, acordaron realizar está tarde ás 5, unha asemblea no local da asociación coa presenza de técnicos, para “informar aos veciños e que escoiten as súas demandas, co obxectivo de mellorar esta obra”.

También te puede interesar