Vigo al día

Dende o día 17 deste mes e ata o 11 de maio xa se poden solicitar as axudas municipais para libros e comedor

Xantando no colexioO goberno local aprobou o pasado día 10 as bases e a convocatoria das achegas municipais escolares de libros e comedor nos centros públicos e concertados de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria, cun orzamento total de 2 millóns de euros, axudas que poden solicitarse dende o pasado día 17 e ata o vindeiro 10 de maio, ambos incluídos.

Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes: que a unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada no mesmo enderezo e residir de modo efectivo no Concello de Vigo; convivir cos alumnos para os que se solicitan as axudas; polo que se refire á axuda de comedor, débese contar con praza no centro, de non ser así, aínda tendo concedida a axuda, non se fará efectiva; que os alumnos que se solicitan as axudas estean matriculados ou teñan reserva de matrícula en centros públicos ou con concerto, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria; ter presentada a solicitude-que podes ver premendo aquí ou entrando na web do Concello, aquí- e o resto da documentación necesaria durante os prazos estipulados; que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 75% do IPREM, que equivale ao 100% do subsidio básico da RISGA, equivalente a 4.792,56 € anuais: no caso de non existir datos dos ingresos da unidade familiar, computaráse como mínimo familiar o equivalente ó subsidio básico da RISGA (4.792,56 €/anuais).

 

También te puede interesar