Galicia

75 feridos nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

0611O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 75 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 3 da tarde do venres, 17 de abril ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 19.

O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 22 accidentes rexistrados e, por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar