RGPD - Cookies
Galicia

A Audiencia Nacional, dacordo coa Fiscalía, deixa sair da cadea ao narco Sito Miñanco

Sito MiñancoA Audiencia Nacional acordou a saida da cadea do narco José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco, quen poderá sair do cárcere para traballar. Sito Miñanco non pode voltar a Galicia, o auto dubliña que moitas das persoas que viven ali sufriron as consecuencias dos seus crimes, “basta recoñecer a xeración perdida na que morreron moitos rapaces a causa do consumo de drogas”.

O xuiz de Vixiancia Penitenciaria, dacordo coa Fiscalía, pediu que se aplicase a Miñanco o artigo 100 do  Regulamento Penitenciario polo que poderá sair cada día- agás as fins de semana- para traballar.

Trátase do paso anterior a concederlle o terceiro grado, nuns meses, que permitiría ao narcotraficante estar todo o día fora e voltar á cadea so a durmir.

También te puede interesar