Vigo al minuto

A entrega dos premios aos Vigueses Distinguidos, o 28 de maio, catro días despois das Municipais

Gala dos Vigueses Distinguidos (arquivo)/Tresyuno Comunicación
Gala dos Vigueses Distinguidos (arquivo)/Tresyuno Comunicación

O alcalde informou este mércores que a gala de entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos 2015 celebrarase o 28 de maio, logo da campaña electoral, para evitar acusacións de electoralismo.

A esa data móvese para catro días despois das Eleccións Municipais porque “se o fago antes, dirán que quero facer campaña electoral, e os Vigueses Distinguidos son algo moi serio, que están por enriba da política”.

En principio a data de entrega dos premios era o 27 de marzo, pero suspendeuse polo loito oficial tras o accidente aéreo de Germanwings.

Os recoñecidos este ano son os policías Vicente Alló e Vanesa Lage, tiroteados durante a súa intervención en atraco; o noso compañeiro Carlos Mañas; o xesuita José Bailón; o sacerdote xubilado Emilio Suárez, pola súa laboura nos movementos sociais de Coia; a Plataforma de Afectados pola Hepatite C; o Hospital Meixoeiro nos seu 25 aniversario; e á asociación Afaga de familiares de enfermos de Alzheimer.

También te puede interesar