RGPD - Cookies
Galicia

Co voto en contra de PP e a abstención do PSOE, o Parlamento de Galicia rexeita investigar o accidente de Angrois

Familiares de víctimas de Angrois
Familiares de víctimas de Angrois

O Pleno do Parlamento de Galicia rexeitará, de novo, este martes, a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois, no que morreron 81 persoas. O Partido Popular rexeita a mesma e o PSOE opta por absterse ante a petición de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

O voceiro popular, Alejandro Gómez, sinalou que o PP estaba en contra da “utilización partidaria” das víctimas e apelou á “dignidade e a moralidade política” para xustificar o voto negativo do seu grupo.

Pola súa banda, o representante do PSOE , Raúl Fernández, repetiu a posición dos socialistas en outras ocasións: o seu grupo abstíñase “ata que se coñezan os resultados das investigación que están abertas”.

 

También te puede interesar