Vigo al minuto

Este martes, en Vigo, marcha para lembrar o 84 aniversario da proclamación da II República

Manifestación-republicanaCidades e concellos de toda Galicia acollerán este martes actos conmemorativos con motivo do 84 aniversario da proclamación da Segunda República, o 14 de abril de 1931. En Vigo, a Asemblea Republicana convoca unha marcha que sairá ás 8 da tarde da Farola de Urzaíz cara á rúa II República, na Porta do Sol. Alí haberá distintas intervencións, entre elas a do xornalista Eduardo Rolland, que lerá un comunicado. O acto rematará coa interpretación do himno galego e do himno de Riego.

En A Coruña, o Ateneo Republicano de Galicia celebrará a partir das 7 da tarde un acto no Campo da Rata no que intervirán o presidente da entidade e Carmen Negrín, neta do doutor Juan Negrín, presidente do Goberno da República entre 1937 e 1939.

También te puede interesar