Galicia

Campaña intensiva de control de velocidade nas estradas galegas, dende este luns

TráficoA Dirección Xeral de Tráfico iniciou este luns, día 13, unha “campaña intensiva de vixilancia e control de velocidade” nas estradas galegas co fin de “mellorar a seguridade vial e conciencias aos usuarios da importancia de comportamentos máis seguros”.

Segundo a Delegación do Goberno en Galicia, a velocidade se sitúa como un factor concorrente na sinestralidade nas estradas do Estado. Así, os datos rexistrados indican que a velocidade inadecuada estivo presente no 10% dos accidentes con vítimas acontecidos en 2013; porcentaxe elévase ao 17% cando o accidente con vítimas sucede en vía interurbana.

No 22% dos accidentes mortais, a velocidade foi un factor concorrente. Así, levar unha velocidade axeitada podería evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en accidente de tráfico.

Por outra banda, a velocidade supón tamén un factor clave o risco de falecemento dun peón por atropelo. “A partir dunha velocidade de 80 quilómetros por hora as posibilidades do peón de sobrevivir son practicamente nulas. O risco redúcese a un 10% cunha velocidade de 30 quilómetros por hora”.

Na campaña de control de velocidade desenvolvida do 31 de marzo ao 6 de abril de 2014 en Galicia, controláronse máis de 97.000 vehículos e formuláronse un total de 2.202 denuncias. En vías convencionais, tipo de estrada nas que se producen a maior parte de accidentes con vítimas mortais, levouse a cabo o control de 55.570 vehículos, cun total de 1.324 denuncias.

Hai que lembrar que a Lei de Seguridade Vial e o Regulamento Xeral de Circulación “fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos” e que o incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 90 a 600 €.

También te puede interesar