Galicia

Un alcalde, o de Teo, delega as súas funcións e renuncia ao seu soldo durante a campaña electoral das Municipais

O alcalde de Teo, Martiño Noriega
O alcalde de Teo, Martiño Noriega

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, de Anova, delegará as súas funcións no tenente de alcalde e ven de renunciar ao seu soldo durante os días que dure a campaña electoral para as Eleccións Municipais.

Así o resolveu, e por escrito oficial de 10 no que indica que delega “a totalidade das funcións que lle corresponden á alcaldía entre os días 8 e 25 de maio”. Noriega poderá seguir exercendo as súas funcións dende a finalización do período electoral até a constitución das novas corporacións despois dos comicios a mediados de xuño.

A cesión das súas funcións está autorizada por lei nos artigos 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, que a miúdo se emprega en casos de enfermidade, vacacións ou viaxes.

Por outro lado e tal como se especifica no segundo punto da resolución, o salario do alcalde durante o período de delegación pasará a ser “destinado a actividades de dinamización veciñal”.

Sin título

También te puede interesar