Vigo al minuto

O Concello aproba unha achega de 2 millóns para becas de libros e comedor

ComedorO goberno local aprobou este venres as bases e a convocatoria das achegas municipais escolares de libros e comedor nos centros públicos e concertados de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria, cun orzamento total de 2 millóns de euros, co obxectivo de garantir a todos os solicitantes a súa axuda económica e comezar o próximo curso escolar sen lista de agarda.

A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde á contratación do servizo para a xestión da escola infantil de Mestres Goldar, en Castrelos e aprobou o gasto plurianual, desde este 2015 ata o 2019, ademais dos pregos de condicións e do procedemento para a contratación da xestión.

Mestres Goldar sumará 100 prazas máis ás xa existentes e o alcalde solicitou ao Goberno de Galicia celeridade na inspección técnica necesaria para a apertura desta e da que o Concello xa rematou de construír en Navia.

También te puede interesar