A Deputación aproba unha liña de axudas de emerxencia de 259.000 € para veciños de 38 concellos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar a primeira liña de axudas básicas de emerxencia por un total de 259.000 €  para 38 concellos de menos de 20.000 habitantes para “cubrir as demandas de carácter urxente e puntual das persoas nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo, con especial atención ás familias con menores ó seu cargo”.

Tres concellos vigueses beneficiaranse desta convocatoria de axudas coas que se quere prestar apoio ás familias e persoas que, nunha situación de dificultade económica, poidan cubrir o pago de necesidades básicas como a alimentación, o uso da vivenda ou a atención sociosanitaria. “Estes fondos de emerxencia favorecen ademais a continuidade dos menores no su entorno familiar ó abonar os gastos que garante a súa permanencia no fogar”.

No acordo aprobado hoxe, as cuantías destinadas a cada un dos concellos beneficiarios oscilan entre os 5.500 e os 8.500 €, en función da poboación e a taxa de paro, en relación ó total da súa poboación, e respetando as cantidades subvencionadas na convocatoria anterior.

As persoas usuarias beneficiarias destas axudas básicas de emerxencia serán persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios solicitantes, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda.

Teñen prioridade no reparto deste fondos, as axudas destinadas a Alimentación (compra de alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). E tamén para uso da vivenda (destinadas a posibilitar que se continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda non sexa maior de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.) para pago de farmacia; adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia.

También te puede interesar