Vigo al minuto

Asemblea Aberta de Coia anuncia unha demanda contra Carmela Silva por uns comentarios na súa conta de Twitter

Comentario de Carmela Silva en Twitter/Foto remitida pola Asemblea aberta de Coia
Comentario de Carmela Silva en Twitter/Foto remitida pola Asemblea aberta de Coia

Segundo informa nunha nota de prensa, a Asemblea Aberta de Coia, nunha xuntanza celebrada este mércores, decidiu denunciar á primeira tenente de alcalde pola  “comisión dun delito de inxurias e calumnias” contra as integrantes desta asociación na súa conta de Twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos “antialfageme de ser nazis e de impoñer a nosa opinión exercendo a violencia”.

A Asamblea Aberta califica de “intolerable” que unha “representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello”.

Os reponsables desta asociación afirman que “a chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía”.

Fronte a isto, indica a Asamblea Aberta de Coia, “o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria” e remata asegurando que “logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola señora Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar”.

También te puede interesar