RGPD - Cookies
Sucesos

Un home de 57 anos de idade morreu logo de caer 500 metros co seu tractor por un terraplén

TractorUn home de 57 anos de idade morreu este mércores nun accidente de tractor rexistrado nun terreo do concello lucense de Navia de Suarna. O suceso produciuse pasado o mediodía cando o home traballaba nun terreo no lugar de Seón.

Segundo Emerxencias, o tractor caeu uns 500 metros por un terraplén, ainda que o home non  quedou atrapado. O 112 Galicia mobilizou ao GES de Becerreá, que axudou a trasladar o cadáver, xa que estaba nunha zona de difícil acceso para vehículos. Tamén foron mobilizados o 061 e a Garda Civil.

También te puede interesar