Cultura

‘Serramoura’ busca figurantes

SerramouraVoz Audiovisual organiza un cásting de figurantes para a gravación da nova tempada da serie ‘Serramoura’, que se estreará na Televisión de Galicia o próximo mes de outubro.

A produtora, que busca varios perfís, levará a cabo o cásting, para persoas con ou sen experiencia ante as cámaras, este mércores, en A Coruña. Exactamente, está interesada en persoas de 20 a 80 anos con ou sen experiencia (sobre todo homes); bebés varóns de 3 a 5 semanas de idade e homes de entre 68 e 80 anos con experiencia no sector audiovisual ou teatro para interpretar un personaxe con diálogos en galego.

Os interesados deben acudir en horario de 10 da mañá a 2 da tarde e de 4 a 7 da tarde ás instalacións da produtora na rúa Gambrinus.  En caso de ter experiencia, deben especificar de qué tipo.

‘Serramoura’, que co título de Black Forest se comercializa xa nos mercados internacionais, bateu a súa propia marca de audiencia coa emisión do capítulo 22, cando alcanzou os 219.000 espectadores de media e unha audiencia acumulada de 321.000.

También te puede interesar