RGPD - Cookies
Galicia

O Servizo Galego de Saúde contradice ao presidente Feijóo e anuncia que manterá as probas de talón aos recién nacidos

Proba de talónO pasado 26 de marzo, tras a xuntanza do Goberno galego, o presidente Feijóo asegurou que as doenzas incluidas na proba de talón-que se fai aos cativos xusto despois de nacer- se reducirían de 29 a 12 para evitar un ‘sobrediagnóstico’.

Este mércores, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), confirmou que as probas non se recortarán, atendendo ás suxestións dos profesionais e prevé «manter as patoloxías que viñan cribando até agora, incluídas sete indicadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade», segundo un comunicado da Consellería de Sanidade.

A nota indica que incluirá outras vinte e dúas patoloxías e afirma que «a Consellería de Sanidade cumpre desta maneira co obxectivo de manter e mellorar o programa de cribado de metabolopatías neonatales para dar a mellor asistencia sanitaria aos seus pacientes, en traballo conxunto cos seus profesionais».

También te puede interesar