RGPD - Cookies
Galicia

En liberdade 6 dos 12 detidos na ‘Operación Vipe’, contra o furtivismo, en Boiro e Noia

O Xulgado Número 2 de Ribeira decretou a liberdade, tras pasar a disposición xudicial, de 6 dos 12 detidos o martes na segunda fase da denominada ‘Operación Vipe’ contra o furtivismo nos concellos de Boiro e Noia.

Hai que lembrar que axentes do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil detiveron o martes doce persoas na segunda fase do operativo no que fora arrestado en marzo o expatrón de Cabo de Cruz. Na segunda fase da denominada ‘Operación Vipe’ foron arrestadas 12  persoas que, presuntamente, realizaban actividades relacionadas co furtivismo en Cabo de Cruz, en Boiro.

O pasado mes de marzo foran detidos o antigo patrón maior de Cabo de Cruz e a ex vicepatrona maior e ex presidenta da agrupación de mariscadoras, que foron imputados por estafa, apropiación indebida e falsidade documental, tras declarar no xulgado que instrúe a causa.

También te puede interesar