Galicia

Preto do 32% de galegos entre 12 e 18 anos bebeu no último mes e un 12,3% emborrachouse neste tempo

botellonO 31,8 % de adolescentes galegos entre 12 e 18 anos consumiu alcohol no último mes, e un 12,3% emborrachouse, segundo revela un estudio da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O informe, no que colaborou a oficina do Valedor do Pobo, que baséase nun proxecto de investigación financiado polo Plan Nacional sobre Drogas e para o que se tivo en conta unha mostra de 3.055 adolescentes de entre 12 e 18 anos pertencentes a 31 centros, revelou, ademais, que un 14,9 % dos rapaces recoñeceu o consumo de tabaco no último mes e o 8,3%, de cannabis. O consumo de cocaína no último mes por parte deste colectivo sitúase no 0,6 %, igual porcentaxe que o de éxtase, anfetaminas ou alucinóxenos.

También te puede interesar