Vigo al minuto

O Concello asina un convenio de colaboración con AFAN por un total de 110.000 €

A presidenta de AFAN, Tensi Fernández, co alcalde nunha visita de este a AFAN/Tresyuno Comunicación
A presidenta de AFAN, Tensi Fernández, co alcalde nunha visita de este a AFAN/Tresyuno Comunicación

Este luns, o alcalde asinou un convenio con AFAN por un total de 110.000 € e adiantou que no próximo orzamento haberá unha partida, a maiores, para cooperar co funcionamento administrativo desta ONG que ten unha estrutura que non é capaz de manter.

Abel Caballero adiantou que nos vindeiros días iranse rubricando acordos co resto de comedores sociais de Vigo: de 116.000 € cos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, 46.000 co Comedor da Esperanza, 126.000 € co Banco de Alimentos-“máis 20.000 de alugueiro”-e 90.000 con Vida Digna.

Segundo salientou en rolda de prensa, “dende 2012 o Concello multiplicou por tres as achegas para comedores sociais, bolsas de comedor e convenios con organizacións sociais, pasando de 1,5 a 4,1 millóns”.

O alcalde tamén citou “o preto do millón de euros” que recibe anualmente o Centro de Inclusión Social de Marqués de Valterra-coñecido popularmente como albergue- e repetiu que o mesmo abriuse no mandato do actual goberno local con varias funcións:  aloxamento, centro de acollida e inclusión, comedor social, centro de atención social continuada, centro de día, unidade de rúa e unidade de hixiene.

También te puede interesar