RGPD - Cookies
Galicia

Un incendio no concello de Cualedro obriga a desviar o tráfico da N-525 pola A-52

IncendioUn incendio incontrolado, no concello ourensán de Cualedro, na parroquia de Rebordondo, está causando cortes no tráfico da N-525, entre os quilómetros 170 e 180. Tráfico decidiu, ante a proximidade das lapas á estrada, desviar os coches pola A-52.

O lume comezou pasadas as 3 da tarde deste domingo e, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural, á hora de escribir esta información queimara xa unhas tres hectáreas-segundo datos ainda provisionais-.

Na súa extinción traballan tres axentes forestais, cinco brigadas, dúas motobombas e dous helicópteros. Ademais, outros tres helicópteros desprázanse cara ao lugar para sumarse a eles.

También te puede interesar