Galicia

Produtores de leite manifestaranse o luns en Santiago pola «situación crítica» dos prezos

Manifestación gandeirosA Organización de Produtores de Leite-OPL convocou os gandeiros a unha manifestación, este  luns, día 6 de abril (12 h.),en Compostela, para protestar contra a «situación crítica» dos prezos e demandar ao Goberno galego que interceda en defensa do sector.

Na mobilización, ante a sede da Consellería do Medio Rural e do Mar en San Caetano, participarán entidades vinculadas co sector produtor lácteo dado que, segundo a OPL, «esta grave situación» afecta indirectamente a todas as empresas de servizos auxiliares para o campo e os gandeiros.

A Organización de Produtores de Leite explicou que se manifesta de novo «en defensa dos intereses dos gandeiros, tras as numerosas solicitudes recibidas dende toda Galicia», nuns «momentos cruciais e moi delicados».

A OPL lembra que a entrada en vigor do novo paquete lácteo, o «espolio patrimonial das cotas», a «desinformación á que se someteu ao sector coa supertaxa e as actuais imposicións da industria».

«É a toda luces necesario un sector forte e unido ante os abusos que realizan as administracións, industria, e distribución, dado que a actual situación de imposición de contratos conducirá á ruína total en caso de que non se tomen as medidas oportunas para controlalo», considerou a OPL.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.