Vigo al minuto

Piden á Xunta a contratación de todo o persoal contra incendios do verán ante o “alto risco” de lume no monte

IncendioA Confederación Intersindical Galega (CIG) pediu ao Goberno galego que incorpore xa ao persoal fixo discontinuo que traballa na loita contra o lume, ante o “alto risco de incendio” establecido este venres, día 3.

“Esiximos a contratación inmediata do persoal que se incorpora ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais no verán”, sinala a central sindical nun comunicado. A CIG xustifica a petición diante da “situación extremadamente perigosa” na que se atopan o monte de Galicia debido ás altas temperaturas anunciadas para os vindeiros días.

Ademáis, o sindicato pide a cobertura de todas as prazas valeiras no servizo contra o lume, engadindo a elas aquelas nas que hai baixas que, subliña, “son centos”.

“A Consellería do Medio Rural, que ten a competencia en materia de prevención e extinción de incendios, ten a obriga de conquerir que os montes non sufran a lacra do lume, para o cal necesítase que o operativo teña o cen por cen dos seus recursos”, indica a CIG.

También te puede interesar