Vigo al minuto

Absolto un rapaz de Vigo acusado de difundir na Internet fotos íntimas dunha menor de idade

OrdenadorA xuiza ven de absolver a un rapaz de Vigo que estaba acusado de difundir na Internet fotografías íntimas dunha rapaza menor de idade. A sentenza indica que as probas presentadas eran insuficientes porque a rede desde a que se publicaron as fotos non estaba protexida por contrasinal e calquera puido ter acceso a ela.

Un experto demostrou no xuízo que as accións efectuadas desde unha rede pública non se poden asociar a unha persoa concreta: a wifi do domicilio deste mozo non estaba protexida con contrasinal, polo cal a xuiza entendeu que calquera tiña acceso á mesma e decidiu desestimar a denuncia que, dacordo co Código Penal, podería levar aparellada unha condea de 4 anos de cárcere.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.