Galicia

Un home de 77 anos morre cando estaba pescando en Cervo

0614Un home duns 77 anos de idade morreu este venres cando pescaba preto do faro de Cervo, en Lugo, segundo confirmaron fontes de Emerxencias. Foi un veciño quen avisou ao 112, pouco despois das 3 da tarde, do acidente no lugar de Cuiña. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Cervo, que recuperaron o cadáver do home antes de que fosen mobilizados os servizos de Salvamento Marítimo, apuntaron as mesmas fontes.

Tamén acudiu a Garda Civil, quen se fixo cargo do cadáver, confirmou o falecemento e procedeu aos traballos para dar coa indentidade do home. Tamén se mobilizou o servizo de Urxencias Médicas 061, así como ao persoal do Concello.

También te puede interesar