Comarcas

7.580 mortes máis que nacementos en Galicia nos primeiros nove meses do ano pasado

XenteGalicia rexistrou un saldo vexetativo negativo en 7.580 persoas entre xaneiro e setembro de 2014, nun período no que faleceron 22.110 galegos fronte aos 14.530 nacementos que se produciron, segundo se recolle no avance de datos demográficos dos tres primeiros trimestres do ano pasado feitos públicos este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por provincias, o maior número de nacementos nos nove primeiros meses de 2014 foi na Coruña, con 6.075; seguida de Pontevedra, con 5.487; Lugo, 1.585; e Ourense, 1.383.

Os 14.530 nacementos entre xaneiro e setembro de 2014 foron 253 menos que no mesmo período de 2013, no que se rexistraron 14.783 alumeamento. No que se refire ás defuncións,  entre xaneiro e setembro do ano pasado, na Coruña foron  8.957; en Pontevedra, 6.289; en Lugo, 3.650; e en Ourense, 3.214.

No mesmo período de 2013 houbo 22.765 mortes en Galicia, o que supón 655 máis que os 22.110 de xaneiro a setembro de 2014, segundo os datos do IGE, a falta de coñecer o último trimestre de 2014.

También te puede interesar