Vigo al minuto

A Asociación Viguesa da Memoria Histórica recurrirá ao Constitucional a retirada da Cruz de O Castro

CruzO pasado 9 de febreiro ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revocou, co voto en contra dunha maxistrada, a sentenza do xulgado de Vigo que ordenaba a retirada da Cruz Franquista do monte de “O Castro .” En rolda de prensa posterior ao coñecemento da sentenza, os representantes da Asociación Viguesa pola Memora Histórica do 36, sinalaron que  acataban a sentenza, ainda que deixaban claro que non a compartían e facíán publica a súa decisión de non solicitar recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional pola dificultade do mesmo e polo custe económico que suporía ; máxime cando os fondos da Asociación estaban valeiros logo dos tres procedemento xudiciais abertos para esixir ao Concello de Vigo o derrubamento da Cruz .

Esta situación foi a que levou á Asociación a dar por rematada a vía xudicial. “Dende aquela, e sempre asesorados polo noso abogado”, a Asociación non deixou de estudiar o tema e tampouco deixou de escoitar as voces que lle animaban a non abandonar. “Pasado este tempo chegamos á conclusión de que hai posibilidades reais de que o Tribunal Constitucional anule a sentenza do TSXG. En consecuencia sería moi frustrante para nós e para todos que agardaban unha sentenza favorable que despois de tantas esperanzas abertas e tanto traballo realizado, non ter sido capaces de chegar ata o final da vía xudicial, convencidos como estamos de que hai posibilidades de obter unha sentenza favorable”.

Por iso, a asociación anuncia que vai presentar recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional ainda que o custo do recurso é de 3.000 €. Para recadalos “faremos unha colecta cidadán” pondo en circulación uns ‘Bonos de Axuda’ de 2, 5 e 10 €, durante os meses de abril e maio”.

A Asociación chama “á conciencia e ao compromiso antifascista dos vigueses e viguesas, das asociacións veciñais, dos colectivos sociais e culturais, dos sindicatos e dos partidos políticos que se pronunciaron e aínda se pronuncian pola retirada do monumento franquista, para que adquiran bonos e para que, na medida do posible,colaboren solidariamente na súa venda”.

También te puede interesar