Vigo al minuto

A conselleira de Infraestructuras anuncia a contratación do proxecto da Estación de Autobuses de Vigo

BusA conselleira de Territorio e Infraestruturas avanzou este sábado pola mañá que o departamento que dirixe licitará este luns, 30 de marzo, o contrato para a redacción do proxecto da nova terminal de autobuses de Vigo que se situará en Urzaiz. Ethel Vázquez fixo este anuncio durante a súa visita ao posto do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na Festa da Reconquista, onde sinalou que este contrato, de preto de 350.000 €, permitirá seguir avanzando nunha actuación, que xa ten os fondos europeos garantidos.

A responsable de Infraestructuras salientou que este novo contrato “é unha proba máis do compromiso da Xunta coa intermodalidade dos veciños de Vigo” e manifestou que nesta aposta, o Goberno galego conta co apoio e colaboración do Ministerio de Fomento que porá en marcha de xeito inmediato o Eixo Atlántico de Alta Velocidade e da nova estación de Urzaiz.

 

También te puede interesar