RGPD - Cookies
Galicia

Os xubilados galegos seguen a ser os que menos cobran do Estado

XubiladaA pensión, media, de xubilación situouse en marzo en Galicia en 842,98 €, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Malia todo, a contía media da pensión por xubilación segue sendo a máis baixa do Estado, seguida pola de Extremadura (844,18 €).

En total , o mes pasado, en Galicia pagáronse 464.259 pensións por xubilación, 164 menos que as contabilizadas durante febreiro pero 4.407 máis que en marzo do pasado exercicio.

A pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse ao iniciarse este mes en 744,57 €, un 1,9% máis que no mesmo mes do ano anterior e o que representa un 84,3% da pensión media estatal.

Por provincias, os xubilados coruñeses cobran, de media, 785,19€, os pontevedreses 784, 54, os lucenses, 659,91 € e os ourensáns, 644,58 €.

También te puede interesar